Automoción e arte: Nesta sala faremos un percorrido pola pintura e escultura da man da Fundación María José Jove. Na decoración das paredes desta sala mostrásese algúns dos pintores máis importantes cun toque de humor con chiscadelas á automoción. Móstrase a evolución dos medios de comunicación a través do teléfono.
Establécese un taller de actividades adaptado a todo tipo de público. Nel farase unha pequena referencia á automoción naval e trataranse os grandes avances evolutivos na navegación, cartografía e máis concretamente o reto que supuxo situarse (latitude e lonxitude).
Este taller terá que ser previamente solicitado e acordado con MAHI.
Nesta sala de vehículos ingleses vemos como o Mini, na década dos 60 revoluciona o concepto de habitabilidade, en 3,05 m 4 persoas e equipaxe. O concepto de habitáculo evoluciona, popularízanse as cinco portas. Empézase a espertar unha inquietude pola seguridade dos automóbiles.