Esta sala establécese como unha homenaxe e recoñecemento aos militares, corpos de seguridade (Garda Civil e Policía), sanitarios etc…

Concíbense dúas tipoloxías de actividades ou talleres. Unha en canto a primeiros auxilios enfocada para grupos infantís e xuvenís e o outro taller tratará sobre o transporte vertical. Primeiros auxilios mostrará como actuar e que facer no caso dos accidentes máis habituais na vida cotiá.

En canto ao transporte vertical, desde a antigüidade xa era imprescindible para todo tipo de materiais de construción e mecanismos de elevación. Este transporte, aínda que non se pode englobar dentro da automoción tradicional, é o que permite a configuración actual das nosas cidades. Veremos desde os seus inicios e evolución, ata que Otis patentou o seu sistema de seguridade para a caída de ascensores, e a súa evolución ata os nosos días, e igualmente irase vendo como esta evolución do ascensor transformou a arquitectura do século XX.

Este taller terá que ser previamente solicitado e acordado con MAHI.