Esta sala establécese como unha homenaxe e recoñecemento ao corpo de bombeiros. Veremos a evolución e mecanización, desde os primeiros carros tirados por persoas e por cabalos á súa mecanización e evolución ao longo do século XX.
Nesta sala establécese un taller de actividades para os máis pequenos, tratando como tema fundamental o lume, a obtención deste, grandes vantaxes do lume para a humanidade e os seus perigos innatos e a manipulación.
Este taller terá que ser previamente solicitado e acordado con MAHI.
Ademais, en colaboración cos Bombeiros do Concello da Coruña, establécese un taller de actividades adaptado aos máis pequenos, adolescentes e familias, para a prevención e saber como actuar en caso de incendios. Igualmente tratarase a prevención de accidentes ocasionados polo lume no ámbito doméstico.
Este taller terá que ser previamente solicitado e acordado con MAHI.