A través das páxinas da Voz de Galicia, móstrase a evolución e noticias destacadas da historia en relación á automoción e a literatura. Faise referencia á historia internacional e nacional para comprender a transición do século XX.

A sala conta cun diorama dunha gasolineira dos anos 50. Ademais, establécese un taller interactivo que exhibe a evolución da escritura e as ferramentas, incluíndo a mecanización a través da imprenta e as máquinas de escribir.
Este taller require unha solicitude previa e acordo con MAHI.
En canto á automoción, nos anos 30 popularízanse os freos hidráulicos e as carrocerías pechadas de aceiro estampado en prensa. Nos anos 40, prodúcese unha evolución estética e aerodinámica nas carrocerías, con aletas integradas. O cambio automático e os vehículos todo terreo vólvense populares, destacando o éxito do deseño atemporal do Volkswagen Escaravello.
