Da man do Catedrático Honorario da Universidade da Coruña Antonio Grandio Dopico e do xornalista Luis Pousa Meréns realizásese un percorrido polos fitos económicos máis representativos do século XX.
Expositivamente os fitos económicos virán representados por unha colección de moedas españolas desde a invención do motor de explosión ata a entrada do euro. Tamén estará representada por unha colección con todos os billetes da peseta.
Tamén esta sala conta cunha parte expositiva dos mecanismos cos que foi usando o home para contar, desde os ábacos ata as nosas calculadoras de peto.
Estes talleres terán que ser previamente solicitados e acordados con MAHI.
Nesta sala vemos a marca Mercedes e a súa evolución ao longo do século XX, partindo do primeiro vehículo con motor de explosión interna, Triciclo de Benz, ata vehículos dos anos 90. Cunha chiscadela a outra gran marca alemá, Porsche.