Dedicada a Hispano Suíza e Pegaso. Nela veremos desde a evolución dos motores da Hispano Suíza ata os seus últimos motores de aviación. Mesmo mostramos o intento de realzar a marca cun motor de carro de combate o H.S.
En canto a vehículos, mostraremos as dúas tipoloxías fundamentais de H.S. industriais; A viaxeira (autobús) e un camión. Ademais poderán observar a etapa de transición entre H.S. e Pegaso a través do Pegaso Mofletes I, esta Vde. contaba o deseño e con motor de gasolina H.S.
Nesta, ademáis da evolución do motores e vehículos industriais de Pegaso, camións, etc… Podemos ver o prototipo que iniciou a serie dos BMR e unha locomotora, así como varios modelos que polas súas características son pezas únicas da historia e evolución da Pegaso. Cabe destacar nesta estancia, os arquivadores que hai ao fondo da mesma, 2.400.000 microfichas da Pegaso e 400.000 microfichas da Hispano Suíza. Actualmente estabilizouse a súa deterioración e temos como obxectivo nas próximas décadas o seu inventariado e dixitalización.