Actividades
MAHI
Descobre os automóbiles que marcaron historia.
NOsas Actividades
As actividades das que dispoñemos en MAHI para uso e goce dos nosos visitantes son as que poden observar a continuación:
TALLER DE MADEIRA: Con esta actividade pretendemos traballar coa madeira, ademais de brindar clases teóricas fundamentais para poder poñer en práctica os coñecementos adquiridos na mesma.
taller DE MADEIRA
O taller de madeira conta cun compoñente sentimental para a Fundación. Este albergará, ademais dos labores típicos dun taller de madeira, un pequeno museo con relación a útiles e mecanización da carpintería de madeira. Unha das actividades do taller, a parte da expositiva (concíbese como unha exposición temporal), é a recuperación do patrimonio cultural, social e industrial que supón a automoción e os demais fíos condutores presentes en MAHI.
Nestes labores poñerase un especial empeño na recuperación da automoción e resto de obxectos galegos. A educativa é outra das actividades que se pretenden desenvolver no taller. Para iso, establecerase colaboración con centros de formación profesional para levar a cabo cursos de capacitación e formación profesional e demais formación non regrada. Para o desenvolvemento desta actividade o MAHI contará, ademais dos talleres madeira onde se desenvolverán as prácticas, cunha aula para teoría e desta forma completarase o ciclo de formación.
A visita aos talleres de madeira terá que estar solicitada e consensuada con MAHI.
taller mecánico
Unha das actividades do taller mecánico de restauración, ademais da expositiva (concíbese como unha exposición temporal), é a recuperación do patrimonio cultural, social e industrial que supón a automoción e os demais fíos condutores presentes en MAHI. As tarefas de recuperación e restauración do noso patrimonio, iniciadas fai máis de catro décadas, seguiranse realizando en MAHI.
Nestes labores poñerase un especial empeño na recuperación da automoción e resto de obxectos galegos. A educativa é outra das actividades que se pretenden desenvolver no taller de restauración. Para iso establecerase colaboración con centros de formación profesional co fin de realizar cursos de capacitación e formación profesional e demais formación non regrada. Para o desenvolvemento desta actividade o Museo contará, ademais dos talleres mecánicos onde se desenvolverán as prácticas, cunha aula teórica e, desta forma, completarase o ciclo de formación.
A visita ao taller mecánico terá que estar solicitada e consensuada con MAHI.
FORMACIÓN TEÓRICA E BIBLIOTECA
En MAHI concíbense tres tipoloxías de Bibliotecas:
- Biblioteca con acceso restrinxido: Esta biblioteca contará coa documentación máis sensible e con maior risco de deterioración. Por tal motivo, o seu acceso será exclusivamente para doutoramentos e teses de investigación, con cita previa. A Fundación Jorge Jove irá dixitalizando dita información para que sexa accesible a todas aquelas persoas interesadas.
- Biblioteca técnica: Accesible a calquera socio da Asociación de Amigos de MAHI e para afeccionados. As visitas á biblioteca han de ser solicitadas con antelación.
- Aula de formación teórica. Aquí daranse cursos de formación aos afeccionados que o desexen e nas facetas que demanden. Esta aula está pensada como un complemento formativo dos talleres. Poderase utilizar tamén para conferencias, presentacións e reunións con cita previa e consensuada con MAHI.
SUSCRÍBETE A MAHI
Conoce antes que nadie las últimas novedades del museo. Únete a nuestra newsletter.