Na Sala 4 mostraráse a evolución do campo e os diferentes pasos para a súa mecanización. Tratarase de mostrar, de forma visual, as diferentes economías agrarias en función da xeografía e aspectos socio culturais. Nesta sala establécese un taller de actividades adaptado a todo tipo de público, dunha forma interactiva e plástica irase mostrando a necesidade e os diferentes aparellos que se utilizaban para coñecer o peso de mercadorías e materiais para a súa comercialización.

Este taller terá que ser previamente solicitado e acordado con MAHI.


En canto á automoción agraria veremos a evolución dos tractores establecendo un paralelismo entre produtividade e as diferentes economías agrarias.

Nesta sala móstrase, un diorama, con algo que foi habitual durante moitas décadas, o abandono de vehículos en aprendes, garaxes etc. O diorama que se montou é unha recreación do vehículo Graham Paige 610, que durante décadas fixo as funcións de galiñeiro.