Nesta sala faremos un percorrido pola historia do cinema da man do Catedrático da Universidade de Santiago José Luis Castro de Paz. Ademais da automoción poderase visualizar nesta sala a evolución de proxectores e cámaras de cinema a nivel doméstico e industrial.
Previa solicitude e acordo con MAHI poderase establecer un taller específico de cinema, ou mesas de traballo con diferentes temáticas relacionadas cos diferentes reprodutores e cámaras.
Na década dos 70 imponse a electrónica como elemento de xestión da mecánica, a inxección mecánica perde cota de mercado. A inquietude pola seguridade consolídase en moita oferta de equipamento opcional. O diésel irrompe con forza nos turismos. Hai preocupación polo consumo e unha gran crise enerxética. Ademais hai unha concienciación por parte dos gobernos en xerar normativa en torno ao mundo do automóbil.
Nos 80 a electrónica imponse en practicamente a totalidade dos compoñentes do automóbil. Audi esperta a inquietude pola tracción ás catro rodas permanente. Xapón imponse como potencia automobilística.